Lume Barro Nordés
Comida de excelencia dende 1984
A Cunca é un establecemento cunha longa historia que modernizou as súas instalacións no 2007, para transformar unha antiga taberna nun restaurante con elementos orixinais da artesanía local.
Ofrecemos un minucioso servizo de cociña elaborado con produtos de alta calidade, fusionando tendencias gastronómicas que dan como resultado un menú variado.
Ademais do servizo de comidas á carta, nos horarios de comida de luns a venres ofrecemos un menú semanal e un prato da proposta do día.
Contamos cunha ampla bodega escollida coidadosamente e pertencente ás máis importantes denominacións de orixe galegas e españolas.
Terra de alfareiros
A Cunca está situada en Buño, unha soada vila oleira galardoada coa Medalla de Ouro ás Belas Artes, preto de Malpica e doutras vilas de A Costa da Morte, no noroeste de Galicia.
É unha rexión de vilas e paisaxes pesqueiras que entrelazan acantilados cunha diversidade de praias, tanto urbanas coma virxes, ideais para os amantes do surf e da natureza.
Na localidade podes visitar un dos centros de cerámica máis representativos e antigos de Galicia.
Ademais das exposicións e demostracións en vivo da obra de alfareiros que se poderá ver durante a Mostra de Olería de Agosto, Buño ten aberto o Ecomuseo Forno do Forte todo o ano, que recrea a tradición dos artesáns.
degusta as nosas creacións
As nosas boliñas de chipirón e croquetas nunha mesma ración
Pan de centeo, xoubiñas galegas, tomate aliñado, cebola do país e maionesa de kimchie
(Unha Nova Versión das Nosas Gyozas)
Picada de peituga de polo rebozada en panko, leituga tomate e a nosa salsa especial
Carne de tenreira picada e rebozada en Panko, mestura de leitugas, tomate, queixo e a nosa salsa especial en pan branco en pan cristal
Hamburguesa de garavanzo con guacamole, remolacha, cogombro, cebola e leituga
Aguacate, tofu marinado, verduriñas encurtidas e maionesa de kimchie
Todas as nosas carnes son elaboradas en brasa de leña e acompañadas de verduras e patacas
Estaremos encantados de formalizar as túas reservas e resolver todas as túas dúbidas
13:00 – 16:00
Cerrado
13:00 – 16:00
13:00 – 16:00
11:00 – 01:00
11:00 – 01:00
11:00 – 23:00
Calle Empalme 13
Buño, Malpica
15111, A Coruña
+34 981 71 12 04
+34 659 127 964
info@acunca.com